logo galego

Menú lateral

Idioma (3)

  • Español (ES)
  • English (UK)
  • Basque (eu)
  • Català (CA)
  • Galicia (gl)

APP/APK de AEDA (2)

APP

Vindeiros eventos

Sab Feb 27 @11:30 - 12:30PM
BIZKAIA. Ana Apika
Sab Feb 27 @18:00 - 07:00PM
MADRID. Alejandra Venturini
Dom Feb 28 @12:00 - 01:00PM
MADRID. Alejandra Venturini
Dom Feb 28 @17:45 - 07:00PM
HUESCA. Cristina Verbena.
Dom Feb 28 @18:00 - 07:00PM
MADRID. Elia Tralará

El Aedo

AEDO8 portada

Acceso membros

Lembrarme
  • Esqueceu seu nome de usuario?
  • Esqueceu súa clave?

Boletín mensual (2)

Que é?
Subscribirme

Facebook

 
feed-image Subscríbete ás entradas

Instagram

APP

Twitter

Tweets by @_AEDA_
Ultimate Social Widgets

Selo BPI

BPI gal

Condiciones de uso

Política de cookies

Protección de Datos de Carácter Personal

  • Inicio
  • Asociación
    • Miembros
  • Noticias e documentos
  • Galería
    • Video
    • Fotografías
  • Axenda
  • Contacto

Utilizamos cookies de terceros para realizar análisis de uso y de medición de nuestra web para mejorar nuestros servicios. Si continúas navegando, consideramos que aceptas su uso

Puedes consultar nuestra Política de Cookies pinchando en más información, en la que además encontrarás la forma de configurar tu navegador web para el uso de cookies. Más información

I agree

REIVINDICACIÓNS DESDE O COLECTIVO DE PROFESIONAIS DA NARRACIÓN ORAL ANTE A CRISE PROVOCADA POLO COVID–19

Empty
  •  imprimir 
  • Correo electrónico
Detalles
06 Mai 2020
Visitas: 527
descargar en pdf castelán – catalán – eúscaro 

 

PREÁMBULO

A narración oral está considerada pola UNESCO Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. O colectivo de narradoras e narradores orais profesionais traballa ao longo do ano para levar os contos contados a todos os recunchos deste país, desde os grandes teatros en cidades populosas ata escolas unitarias en lugares de poucos habitantes, desde bibliotecas empeñadas en manter viva a palabra falada cunha programación continua, ata os grandes eventos e festas da narración oral que convocan milleiros de persoas e que se celebran de ano en ano.

Esta é unha actividade artística de proximidade, humilde e de fonda tradición que se soubo adaptar aos cambios e ás circunstancias a pesar do seu carácter efémero e fráxil. Con todo, a crise provocada pola pandemia do Covid-19 preséntase coma unha seria ameaza para o noso oficio. 

Non supuxo só o cese da nosa actividade no inicio da nosa tempada alta, senón que nos aboca a uns meses sen posibilidade de traballar e, por riba, de obter ingresos. Nestes momentos, as previsións máis optimistas (unha vez coñecido o plan de desescalada do Goberno) para a volta con certa normalidade, ao noso traballo, falan do último trimestre do presente ano, pero a aparición de novos brotes pode alongar os ceses ou o traballo precario ata mediados ou finais de 2021. É moito tempo, demasiado. Sen  unhas condicións mínimas, cando todo isto pase, este colectivo de profesionais da narración oral podería quedar moi esgotado ou, directamente, podería ter desaparecido.

Por este motivo elaboramos o presente documento que inclúe unhas propostas económicas que consideramos básicas para a supervivencia das narradoras e narradores orais profesionais.

Ler máis...

MANIFESTO DAS CONTADORAS E CONTADORES DE HISTORIAS

Empty
  •  imprimir 
  • Correo electrónico
Detalles
07 Abril 2020
Visitas: 575
descargar en pdf      castelán – catalán – eúscaro – asturián – inglés 

 

As persoas que nos dedicamos a contar historias unímonos para mandármosvos unha mensaxe de apoio e solidariedade a toda a sociedade ante a crise derivada da doenza por coronavirus, COVID-19.

Como os personaxes dos mellores contos, atopámonos en medio dunha densa fraga coa sensación de que o lobo axexa na escuridade. Pero sabemos que non estamos solos porque sempre aparecerá alguén que nos axudará a saír da fraga ou da barriga do lobo. Nesta historia todos e todas contamos e a nosa solidariedade, esforzo e coidado colectivo son os nosos esconxuros contra o virus e os seus efectos.

Xa que logo, as contadoras e contadores de historias pedímosvos que contedes, argalledes, leades, e escoitedes contos, anécdotas ou sucedidos

para enganarmos o tempo,

para viaxarmos sen saír da casa,

para sorrirmos ou tremermos coas aventuras máis incribles,

para lembrármonos das persoas maiores e de todas as historias que nos contaron,

para recoñecérmonos na ledicia, na mágoa ou no medo,

para deixar que por un intre o mundo siga xirando e que non importe máis nada que estarmos xuntos nese momento.

Pola nosa banda, seguiremos inventando e contando contos nas nosas casas e a través das redes. Non sabemos aínda o remate desta historia nin tampouco se comeremos perdices, pero o que abofé sabemos é que o medo que sentimos é compartido e non nos converte en menos valentes, fainos máis humanos. 

Como os personaxes dos mellores contos, algún día, cando todo isto pase, ficaremos transformados e teremos novas historias que contármonos.

Pois a narración de contos é un bálsamo para os días do confinamento, con miles de anos de eficacia probada, e dunha volta máis ha reunir á humanidade arredor do lume, mentres dure a noite.

 

Este manifesto foi elaborado en marzo de 2020 por representantes de todas as asociación de narración oral de España: AEDA, Asociación de profesionales de la narración oral de España – ANIN, Associació de narradores i narradors (Cataluña) – GNOA, Gremio de la narración oral en Andalucía – MANO, Asociación madrileña de narración oral – NANO, Narradors amb narradores organitzats (Comunidad Valenciana) – NOGA, Colectivo de narración oral galega – TAGORAL, Asociación canaria de narración oral. 

todos logos

Manifesto de o Coletivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia

Empty
  •  imprimir 
  • Correo electrónico
Detalles
10 Abril 2019
Visitas: 843

castelán

O Colectivo de Narradoras e Narradores Orais de Galicia.

Integrado por 52 profesionais, asociacións, empresas galegas e cooperativas dedicadas á narración oral e que habitualmente desenvolven parte importante do seu traballo nas bibliotecas de Galicia ao abeiro do programa Ler Conta Moito que promove a Dirección Xeral de Políticas Culturais

Manifestan


A profunda preocupación polo decorrer do devandito programa que ano a ano atrasa a súa convocatoria con serias consecuencias para o colectivo.

No 2018 os narradores e narradoras participantes no catálogo só puideron ser contratados nos meses de maio (dende o día 16), xuño, xullo, agosto, setembro e outubro.

No 2019 imos camiño do mesmo xa que o prazo para que as bibliotecas poidan solicitar as actividades que están inscritas no programa abre hoxe, 1 de abril.

Queremos, por outro lado, sinalar a sorprendente falta de coherencia dun programa que intenta fomentar as actividades que se circunscriben ou potencian datas culturais significativas tal que o día da Muller (8 de marzo), o día da Narración Oral (20 de marzo), o Día da Poesía (21 de marzo), o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril), o Día do Libro (23 de abril), o Día das Letras Galegas (17 de maio), o Día da Biblioteca (24 de outubro), o Día contra a violencia de xénero (24 de novembro) cando a maioría das devanditas datas quedan fóra das posibilidades reais de programación o que significa unha grande perda de carga laboral no colectivo.

Ler máis...

A morte personificada no repertório dos narradores orais

Empty
  •  imprimir 
  • Correo electrónico
Detalles
01 Marzo 2017
Visitas: 1466

Castellano

Os movimentos de narração oral, em todas as suas geografias, não são dissociáveis da ideia de “renascimento”. É sob este prisma que muito autores compreendem o fenómeno, nas suas diversas línguas: renacimiento, em Castelhano (Sanfilippo 2007); revival, em Inglês (Sobol 1999, Heywood 2000, Ryan 2003); renouveau, em Francês (Calame-Griaule 2001, Patrini 2002, Haeringer 2011), entre outras. No entanto, apesar de muitos artistas revelarem um sentimento de pertença a uma determinada cultura ou a uma linhagem tradicional, a necessidade de identificar os limites entre a prática contemporânea de contar histórias e aquela que pertence ao universo da tradição oral não deve ser desprezada. Com efeito, a compreensão do fenómeno dos movimentos de narração oral enquanto renascimento de práticas e patrimónios tradicionais apresenta fragilidades. Ao contrário do agente que, nos contextos ditos tradicionais, contava (e conta) histórias em contextos familiares e comunitários, o artista narrador oral é, em primeiro lugar, alheio ao universo de origem das narrativas. Mesmo quando reproduz um repertório da sua própria realidade geográfica, como por exemplo, um narrador minhoto que trabalha sobre contos de tradição oral do Minho, importa notar que a cultura urbana e alfabetizada de que faz parte é estranha ao contexto rural e campesino em que estas histórias se transmitiram oralmente através das gerações. Com efeito, há muito que esta estranheza se revela na maioria das adaptações de contos presentes na literatura, no cinema ou em outras artes, procurando atenuar o racismo, o machismo ou a violência normalmente presente nesses repertórios, sejam de tradição oral, sejam do universo dos “contos de fadas” (ver, entre outros, Zipes 1979 e Warner 1995). Como nota Cristina Taquelim, esta é uma atitude geral para com os repertórios de tradição oral, que falha em compreender a importância do seu contexto:

Ler máis...

Entrevista a Paula Carballeira

Empty
  •  imprimir 
  • Correo electrónico
Detalles
01 Novembro 2016
Visitas: 1604

castelán

Charo Pita entrevista a Paula Carballeira

PaulaCarballeira

Máis que unha entrevista, isto é unha conversa á calor dun par de tés, con moitas complicidades e risas. Hai tempo, moito tempo que nos coñecemos e Paula Carballeira, nada en Fene, muller polifacética, actriz, escritora, directora de teatro, e narradora, é unha desas persoas que me fascina pola súa clarividencia, o seu bo facer, a súa imaxinación, a súa personalidade inclasificable e honesta e por esa intensa mirada azul que sobrevoa cada palabra que di.

 

Charo: Isto de contar historias, onde ten para ti as súas orixes?

Paula: Pois non o sei. Supoño que dalgunha maneira, o feito de contar historias vén de querer facer o mundo ao teu xeito, dunha especie de necesidade de crear a realidade e darlla a coñecer aos demais. Dende pequeniña sempre me gustaron moito os libros, a lectura, sempre estiven relacionada co teatro, e claro, unha cousa leva a outra, parecen mundos distintos, pero ao final todos teñen que ver coa ficción. Se che gusta ler e comunicar, a forma máis directa de facer túa a realidade é construíndo unha historia.E vindo de onde eu veño, refírome á familia e ao ámbito social no que me movo –penso, por exemplo, na miña nai, que fala moito pero non conta contos ou no meu pai, que fala pouco, pero conta moito, sen que o que conte sexan realmente historias –, paréceme unha consecuencia lóxica. Ademais, no meu caso resultou fundamental o feito de comezar traballando con nenos. Fóra dos meus irmáns, ata entón nunca tivera unha relación directa coa rapazada e nunca me parara a pensar se me gustaban os nenos ou non. Cando os tiven diante, o primeiro que me chamou a atención foi esa actitude tan aberta que normalmente amosan: de principio, van escoitar o que digas. Logo xa se verá. E mira ti por onde, nese primeiro momento de encontro, non se me pasou pola cabeza outra cousa máis que contarlles unha historia. Máis alá dos contos non tiña nada importante que dicirlles. Penso que aí estivo o desencadeante.

 

Ler máis...

Máis artigos

  1. A narración oral como factor social
Páxina 1 de 2
  • Comezo
  • Prev
  • 1
  • 2
  • Seguinte
  • Fin

Idioma (3)

  • Español (ES)
  • English (UK)
  • Basque (eu)
  • Català (CA)
  • Galicia (gl)

APP/APK de AEDA (2)

APP

Vindeiros eventos

Sab Feb 27 @11:30 - 12:30PM
BIZKAIA. Ana Apika
Sab Feb 27 @18:00 - 07:00PM
MADRID. Alejandra Venturini
Dom Feb 28 @12:00 - 01:00PM
MADRID. Alejandra Venturini
Dom Feb 28 @17:45 - 07:00PM
HUESCA. Cristina Verbena.
Dom Feb 28 @18:00 - 07:00PM
MADRID. Elia Tralará

El Aedo

AEDO8 portada

Acceso membros

Lembrarme
  • Esqueceu seu nome de usuario?
  • Esqueceu súa clave?

Boletín mensual (2)

Que é?
Subscribirme

Facebook

 
feed-image Subscríbete ás entradas

Instagram

APP

Twitter

Tweets by @_AEDA_
Ultimate Social Widgets

Selo BPI

BPI gal

Condiciones de uso

Política de cookies

Protección de Datos de Carácter Personal

©2021 AEDA | Web design: Joby Pérez