A asociación
En xullo de 2009, os narradores españois foron convidados a participar no segundo FEST-Meeting, encontro europeo de asociacións, festivais e escolas de narración oral que ía ter lugar en Laussana (Suiza). Para elixir os nosos representantes, presentáronse candidaturas e realizouse unha votación na Lista de Cuentistas.
De volta de Laussana, convocouse a un grupo maior de narradores coa finalidade de elaborar un documento marco a partir do que crear unha asociación de profesionais da narración en España, cousa que se precisaba por non existir ningunha de carácter nacional. En agosto e setembro dese mesmo ano, eses narradores fixeron un borrador dos estatutos e abriuse un prazo de inscrición para todos aqueles interesados en chegar a ser membros fundadores da asociación.
En xaneiro de 2010, constituíse legalmente a asociación cuxo nome definitivo foi AEDA, Asociación de Profesionais da Narración Oral en España. Como vos podedes imaxinar, o nome de AEDA non foi casual como tampouco o foi o logo, deseñado por Pablo Amargo.
Naquela primeira xuntanza, aprobáronse os estatutos (cun breve e interesante preámbulo que dá moitas pistas sobre o noso oficio e que dende aquí te animamos a que leas) e fomos organizándonos aos pouquiños.
Os primeiros pasos foron difíciles, non éramos moitos e estabamos moi espallados por todo o territorio. Daquela resultaba complexo organizarse, traballar xuntos, facer xuntanzas, pero fomos superando estas dificultados e o noso traballo vai dando os seus froitos.
Esta asociación está aberta a todos os narradores que realizan a súa actividade profesional en España, non ten carácter exclusivo e os seus principais obxectivos son mellorar a situación dos narradores e da narración oral en España así como difundir o amor pola profesión.
Nestes case tres anos de existencia de AEDA, compre resaltar algúns logros relevantes que fomos quen de poñer en marcha:
-A organización do IV FES Meeting, celebrado en Toledo en xuño de 2011 e ao que asistiron representantes de asociacións de narradores, escolas, festivais e outras institucións vinculadas á narración oral de toda Europa (e algúns representantes de África, Asia e América).
-A publicación de El Aedo, revista sobre o mundo da narración oral profesional e tradicional, en cuxo terceiro número xa estamos traballando.
-A preparación de manifestos e comunicados expresando a opinión da asociación antes situacións inxustas e de actualidade, artellando deste xeito unha voz propia como colectivo.
Logros que son os primeiro dunha longa listaxe de proxectos, entre eles esta web. Ogallá se encha de contidos interesantes para todos aqueles que aman da palabra dita, e especialmente para aqueles que fixeron de contar o seu oficio!
setembro 2012