Caxoto

   Correo electrónico

caxotocativo@gmail.com

   Teléfono

(0034) 653616126

   Conta en

galego e castelán

   Vive en

A Coruña (Galicia)

   Ambito de traballo

Internacional

   Ficha noutros idiomas

ingléscastelán

   Web

https://atrastendadoscontos.com

   Descrición

CAXOTO é a persoa que se atopa tralo mostrador da compañía ATRASTENDA DOS CONTOS e dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música.

En canto soubo que na Editorial Kalandraka buscaban un mozo de almacén non dubidou en presentar a súa candidatura. Uns meses máis tarde propuxéronlle unha formación en narración oral e cando rematou ofrecéronlle facerse cargo das campañas de animación á lectura por colexios de toda Galicia. Era o ano 2003

Despois de todos estes anos de traballo e formación a narración de Caxoto defínese hoxe en día como intensa, emocional, retórica, chea de xiros e case sempre cómica cando non bufonesca. Caxoto conta de ti a ti, sen falsas voces nin temas tabú. O seu contar é un diálogo co público; un espazo onde non parar de xogar. Se a iso lle sumamos unha imaxinación desbordante e a súa capacidade de improvisación temos como resultado espectáculos nos que en cada función se abre un novo camiño.

EN TRÁNSITO:
Caxoto percorreu varias veces toda Galicia e dende o 2019 (pandemia mediante) decidiu explorar outras contornas, outros públicos, outras linguas...

  • Contacontes a la mar (Benicassim)
  • Festival de Cuentos Eróticos de Zamora
  • Viércoles de los cuentos (Guadalajara)
  • Festival EVA -En Veu Alta (Cataluña)
  • Festival Contando Cuentos (Salamanca)
  • La senda del cuento (Toledo)
  • Maratón de cuentos de una noche de verano (Chapinería)
  • Maratón de los cuentos Guadalajara (sección Inauditos)
  • Festival “Falando a Boca Chea” (A Coruña)
  • Festival Núbebes (Pontevedra)
  • Festival Atlántica (Santiago de Compostela)

   Facebook

https://www.facebook.com/caxoto.kativo

   Instagram

https://www.instagram.com/caxoto_/

   Canle de Youtube

https://www.youtube.com/channel/UC-3Wz_gGKz98tpshNFde9_w

   Youtube

   Número de visitas

143