Carlos Alba

   Correo electrónico

carlosalbagarcia@gmail.com

   Teléfono

(0034) 699459850

   Conta en

castellano, asturiano y gallego

   Ficha noutros idiomas

Español

Inglés

Asturiano

   Web

http://www.cellero.com

   Descrición

Os meus primeiros recordos do conto pertencen ao ámbito do cotián, ás xuntas e traballos familiares nos que aínda se sentía a atmósfera da tradición oral. Por iso eu teño ben presente que, como di Rodríguez Almodóvar, o conto diríxese á comunidade, aínda que por mor das necesidades da vida moderna acabamos segmentando ao público.

Estudei Xornalismo para contar noticias, pero acabei na narración oral contando historias. Redescubrín a oralidade con Agustín García Calvo, o conto con Mercedes Carrión e a interpretación en “Réplika. Academia do Actor”. Empecei a contar en Madrid en 1995 con o grupo Cháchara, e dende o 2002 fágoo en solitario.

Coido que o segredo da narración é o mesmo para todas as idades: principiar pola experiencia sensible para construir un imaxinario enriba dela. Conto para bebés e para a mocidade, para os nenos e para os vellos. Tamén colaboro coa educadora Vanessa Peña nos seus clubes infantiles de animación á lectura.

Préstame pescudar as lindes entre narración e teatro. Deste xeito acheguéime ao romancero, á xoglaría (con o Quixote), a narrar con personaxe (con Cellero), aos monicreques (con “Xan Soldado”, premio FETEN 2015 por a adaptación do texto) e ao teatro clásico (con “As miserias de Lázaro de Tormes”).

Resumiendo… seica porque me presta a literatura, a palabra escénica, a música, a poesía, os pícaros, a lectura… atopo un xeito de expresión na narración oral.

Ah, y préstame asgalla o galego, lingüa á que me acheguei dende a modalidade falada na miña terra, o galego-asturiano ou galego oriental, que a xente do Navia-Eu chama “a fala”. Por iso conto no galego de Asturias y no galego normativo.

Currículo extenso: http://www.cellero.com/cast/curriculum/yo.htm

Artigos e entrevistas: http://www.cellero.com/cast/articulos/articulos.html

 

 

   Facebook

https://www.facebook.com/profile.php?id=100002059220849

   Canle de Youtube

https://www.youtube.com/results?search_query=carlos+alba+cellero

   Youtube

   Número de visitas

127