EricaGMiguel1

 

Guía en castelán / Guía en inglés 

correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 
teléfono: (+34) 687578635
web persoal: www.ericagonzalez.es 

Erica conta en galego e castelán

 

Así naceu todo “isto”, dunha papoula e un xogo: Monxa, frade “ó Titiribaile”… e así sinto cando conto.

Actriz por vocación, comezo a narrar hai xa anos, cunha única pretensión: que perduren no tempo as historias que os meus avós me contaban.

Como boa Leo son creativa e extrovertida. Con forza, independencia, seguridade. Sei o que quero e loito por iso. Cariñosa, optimista e fiel, a min mesma e aos demais. Nada de orgullo nin malos xenios, aí quedeime en gato…

Chego ao mundo en agosto de 1985, para quedarme. Decido non “pasar” pola vida, se non estar nela. Con esa vitalidade, aos 18 viaxo a Madrid a formarme.

Din que unha cousa é o que estudas, outra no que traballas e outra o que es. O que ESTUDEI: Comunicación audiovisual, publicidade e RRPP, Comunicación empresarial, arte dramática, danza, etc… TRABALLO: en moi distintas cousas pero SON: contacontos e actriz. E antes de iso son feliz, e despois…tamén.

E con este batido de formación e experiencias que levo dentro, piso rúas, bibliotecas, balcóns, xardíns, teatros, fogares, camas, autobuses…porque calquera lugar é bo para comunicar a condición de que se che arreguice a pel facéndoo e saibas mirar aos ollos. 

Que sempre haxa un conto que contar, un lugar onde contalo e alguén a quen llo contar.

Palentina de nacemento,  galega de adopción, madrileña de crecemento...do mundo de profesión.

Atréveste a poñerte moi “titiribaile”?... Pois pecha os ollos, e abre o corazón…