AEDA, a Asociación de Profesionais da Narración Oral en España, quere facer pública e manifesta a súa adhesión como colectivo á folga xeral convocada polos sindicatos para o vindeiro mércores 14 de novembro (14N) tralas brutais medidas tomadas polos nosos gobernadores en contra do público: contra a cultura, contra a sanidade, contra a educación... no que parece un metódico desartellamento do Estado de Benestar.
Os membros de AEDA séntense, ademais, especialmente agredidos polas insólitas subidas de impostos (que non repercuten na mellora do público), así como polos malos tratos dados ao colectivo de autónomos, do cal, a maioría de asociados e asociadas, formamos parte.
Por todo iso e por moitas outras razóns, AEDA adhírese á folga xeral do 14N e invita ao resto de asociacións e aos narradores e narradoras a título persoal, a que a secunden.

 

 

COMUNICADO DE AEDA, ASOCIACIÓN DE PROFESIONAIS DA NARRACIÓN ORAL EN ESPAÑA, PERANTE A SUBIDA DE IMPOSTOS POR PARTE DO GOBERNO

 

AEDA, Asociación de Profesionais da Narración Oral en España, quere manifestar o seu abraio, fonda preocupación e rexeitamento absoluto polas últimas medidas tomadas polo Consello de Ministros que condenan a nosa profesión á desaparición.
Consideramos que unha subida do IV

E de 13 puntos (do 8% ao 21%) e do IRPF en 6 puntos (do 15% ao 21%), supón unha estudada estratexia para o esborrallamento da actividade cultural do país e, en especial, dun sector tan peculiar como é o noso. Non se coñece na historia do noso país unha agresión semellante nin unha subida de impostos tan brutal.
Dende a súa fundación, a nosa asociación inverteu recursos económicos e esforzos persoais amais de fomentar a profesionalización de narradores e narradoras amateurs co obxectivo de dignificar o noso labor e ampliar a situación de legalidade dos profesionais. Este intenso traballo verase frustrado pola subida inxustificada dos impostos nun total do 19%.

A medida adoptada polo Consello de Ministros, que grava o noso traballo cun IVE tres veces e medio maior có de países como Francia, xa ten consecuencias: a máis que probable suspensión de arredor de 500 sesións de narración oral que estaban programadas para o derradeiro trimestre do ano. Isto supón a maiores que se deixará de ingresar o IVE correspondente, non se recadará o IRPF, a maioría do profesionais daranse de baixa da Seguridade Social, et.
Así mesmo, comunicamos que apoiaremos as accións de protesta pacíficas que dispoñan o resto de colectivos de profesionais da Cultura.
Solicitamos, por todo isto, a urxente rectificación por parte do Gobernos e unha negociación coas Asociacións de Profesionais da Cultura, co obxecto de pactar medidas asumibles polos nosos colectivos.